Wednesday 15 de May de 2024

Manuel Regos comparte cos nenos e nenas do municipio a última xornada do programa de conciliación


O alcalde de Ordes, Manuel Regos, quixo acompañar os nenos e nenas na última xornada das actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes. Os nenos e nenas participantes explicáronlle ao rexedor cada un dos obradoiros e xogos que durante as últimas semanas levaron a cabo. Pola súa banda Regos fíxolles entrega dun regalo a cada un deles e tomou boa nota das súas suxestións para vindeiras edicións do programa. Con esta iniciativa conciliadora o Concello bríndalles a oportunidade ás familias de Ordes e das parroquias do municipio de poder compaxinar a actividade profesional dos cabezas de familia coa vida familiar durante os períodos de vacacións.